Categoria:

“O segredo do Trail de Vilatuxe é que nunca o fixemos pensando en gañar cartos”

Autor: Lois docampo

A praia fluvial de Pozo do Boi acolle o sábado unha nova edición do Trail de Vilatuxe, un evento que congregará a centos de triatletas dispostos a domar a Serra do Candán. A dura competición dezana aspira a seguir consolidándose dentro do calendario galego pero sen perder a esencia que o caracteriza. Falamos desa esencia cun home que viviu esta proba como corredor e agora como membro importante dentro da organización. Agustín Crespo cóntanos algo sobre o pasado, o presente e o futuro desta carreira.

–Como lembra os comezos do Trail de Vilatuxe?

–O Trail empezou hai doce anos. As primeiras edicións non as organizamos desde o GTR como club. Nin sequera existiamos como tal. Organizábao Galicia Máxica Trail, que era unha asociación que comezou a preparar carreiras por aquí. De feito, a primeira edición do trail foi nocturna. Lembro que foi un día horrible, deses que hoxe chamarían cicloxéneses explosiva. Recordo que, despois de pasar o último participante, o río levou a ponte de madeira que facemos todos os anos para cruzalo. Despois botamos man del e fomos medrando ano tras ano.

–Cantos participantes houbo nesa primeira edición?

–Creo que eran uns 120 deportistas. Pasamos dunha nocturna con 120 a unha con 600 participantes. E de corredores de toda Galicia a ter corredores de todos lados. Este ano temos xente de Mallorca, de Portugal, de Madrid… Tamén medramos na participación de mulleres, que, na primeira edición, poucas había.

–Van en consonancia co auxe que está vivindo o trail en Galicia.

–Fai uns anos, una carreira con cen persoas era una carreira grande. A día de hoxe, cen persoas é unha carreira pequena. No caso das mulleres, antes vías tres ou catro mulleres unha proba e agora ves clasificacións con oitenta mulleres. Son cifras moi significativas.

–Evolucionou o trail en xeral e o Trail de Vilatuxe tamén.

–Nacemos como unha carreira duns 20 quilómetros. Despois pasamos a uns 28 quilómetros, logo 35 e 38. Fomos tendo de todo, ata que fai seis anos estabilizamos o recorrido. É un trazado que facemos todos os anos, con pequenas variacións. Son uns 32-33 quilómetros. Fai dous anos decidimos lanzarnos á distancia Ultra, unha carreira moi dura aquí no Candán. Non funcionou todo o ben que quixemos, así que decidimos non facela este ano.A idea sen embargo é recuperala en vindeiras edicións.

–Algo que xoga ao seu favor é a Serra do Candán, un entorno ideal para este tipo de carreiras.

–Si, porque é unha serra que reúne todo o que se busca nunha carreira de montaña. A única pega é que non ten grandes cimas como podes ter no Courel ou nos Ancares.Aquí os puntos máis altos son o San Bieito, de 1.018 metros e a Cima do Ouceiro, que ten 1.006 metros. Sen embargo, é un terreo moi técnico e escarpado. Ademais, temos a vantaxe de que, ao ser Rede Natura, todo é bosque autóctono. Non tes eucaliptos. A xente agradece moito poder correr nas devesas autóctonas.

–O Trail de Vilatuxe é tan duro como contan?

–A Federación Española ten uns índices de dureza e desnivel. Unha fórmula que divide o desnivel entre os quilómetros. Vilatuxe ten un índice de dureza tirando a alto. Son 33 quilómetros, nos que ascendes case 2.300 positivos, con dúas subidas finais que se fan moi duras. O Ultra que fixemos era dos máis duros que había en Galicia, con 4.000 positivos. Son carreiras moi duras.

–Canta xente traballa para facer que este trail sexa posible?

–No núcleo duro, a dirección de carreira, somos unhas dez persoas. Despois, se sumamos os voluntarios e a xente da organización somos unhas cen persoas as que estamos no monte. Todo xente que ven desinteresadamente, so para axudar e para que se poida facer a carreira. É algo de agradecer. Hai xente que leva vindo desde a primeira edición, xente que nin sequera son corredores. É o caso de Carmiña, das máis veteranas con case 80 anos, que vai todo o día para un avituallamento facendo o que lle pidas.

“Temos un gran respecto polos corredores. Aquí non se desmonta nada ata que chega o último”

–Ese trazado do que falamos precisa tamén dun coidado ao longo do ano. Como é ese traballo que realizan?

–Dende o club facemos varios desbroces anuais, repartidos nas épocas de choiva e de menos calor. Agora, segundo se acerca a proba, acercámonos a camiños que sabemos que, se os desbrozamos un mes antes, nos sirve para nada. É un traballo que se fai todo o ano. Son 33 quilómetros de trail largo pero tamén hai outras zonas non comúns cos outros trazados máis corto que tamén hai que repasar. Co Ultra chegamos a xuntar uns 80 quilómetros de trazado que tiñamos que marcar e desbrozar. A nivel loxístico é complicado.

–Cal considera que é o segredo do Trail de Vilatuxe para acabar enchendo todas as prazas dispoñibles?

–O segredo é que esta carreira non se fai para gañar cartos. Aquí, todo o que gañamos reinvírtese nos corredores, na Serra do Candán, en manter o trazado limpo, en manter a sinalización durante todo o ano, dando una boa bolsa aos corredores cunha comida ao final… esa é nosa filosofía. Non buscamos facer unha carreira rentable, senón unha carreira sostible e que se manteña no tempo. Esa creo que é a clave porque, cando se mete o negocio de por medio, a cousa empeza a cambiar. Neses casos xa non se busca que o corredor marche contento senón que os bolsillos marchen contentos. Aí é onde fallan moitas carreiras.

–Ao final o trail termina por converterse nunha festa.

–Esa é a idea. Nos somos os primeiros que, unha vez rematado o traballo, queremos estar alí vendo correr aos rapaces e tomando una cervexa. Temos tamén un gran respecto polos corredores. Aquí non se desmonta nada ata que chega o último. Iso é algo que a xente agradece. Os primeiros son os que lle dan caché a unha proba pero o que che fai a carreira é o resto da xente que ven alí e non che pide nada a cambio. Iso é algo que sempre tivemos claro.

“Por primeira vez poderá verse en Streaming”

–Vostede xa pasou por varios postos neste trail. Foi corredor, speaker… que lle toca nesta edición?

–Dende fai uns anos estou co tema da seguridade e da área técnica da carreira. Coordino os escobas e os equipos de evacuación. Tamén me encargo este ano do tema do Streaming. Esta proba vaise poder ver por primeira vez en internet. Foi algo que probamos uns cantos na carreira de Cuntis e logramos sacalo adiante, así que decidimos facelo tamén aquí. Hai que coordinar as zonas onde se colocan as cámaras e o realizador. Veremos que tal sae. Poderase ver nunha canle de Youtube. Compartiremos o enlace nas redes. No Pozo do Boi teremos tamén una pantalla para seguilo. Como dicía, se fixésemos a carreira para gañar cartos, ao mellor no podiamos meternos a estas cousas.

–E xa no plano deportivo, quenes pensa que son os favoritos á vitoria en Vilatuxe?

–Creo que, ou moito nos equivocamos ou vai haber un grupo de cinco ou seis corredores; con Guillerme Lourenzo, un corredor portugués que foi un dos que xa gañou o trail cun dos cinco mellores tempos; Rubén Veloso, un exciclista profesional portugués, que xa fixo o mellor tempo na subida ao Coco; Miguel Araujo, o vencedor do ano pasado; e Alexandre Otero e Marcos Pascual. Entre eles penso que estará a batalla. Logo sempre pode aparecer algún máis que se meta na pelexa, porque hai xente moi boa. En chicas, a destacada é Lupe Rubio. Ía vir Antía Goberna e Rita Vieiro pero van con Galicia ao Campionato de España. A loita pola segunda e terceira praza estará máis aberta.

–E entre os locais?

–Penso que chega moi ben Dani Fernández. Está adestrando forte. Quere intentar baixar das catro horas, o que sería meterse nun Top-10. Creo que pode conseguilo.

Suscríbete para seguir leyendo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Te puede interesar también
a-laporta-se-le-va-la-mano-con-la-prima-del-futbol-femenino-por-la-champions
Deportes

A Laporta se le va la mano con la prima del fútbol femenino por la Champions

Joan Laporta dobla la prima inicial que estaba pactada para el primer equipo del fútbol femenino tras lograr alzarse con la Champions EuropaPress_5703749_joan_laporta_president_of_fc_barcelona_and_the_players_of_fc_barcelona-2 Miguel Á. Gutiérrez 20/06/2024 13:00 Actualizado: 20/06/2024 13:00 No son días fáciles en el FC Barcelona , la situación económica del club mantiene en vilo a la entidad que sigue buscando cualquier

Leer Más >>

¿Quieres hablar con nosotros en cabina?

Nuestros Horarios en el Estudio:

9am a 11am | 12m a 1pm | 4 a 5 pm | 5 a 6pm

horario del pacifico