Alquimia Med Spa
Sonrisas Bright Dental
Latch Quiroprácticos
Jorge Brignole
Daly City Dental Center
Abogado Alexander Cross
Imperial Travel
Dr. Alberto Chaparro
Araujo’s Restaurant
David Huete
La Gallinita Meat Market
Ayuda Financial
Los Yaquis Restaurant
World Wide Credit Experts
Abogado Wilson Purves
City Toyota
Kisla Gonzales
Gonzales Dental Care
Desarrollo Virtual
Dr. Francisco Barba
Abogado James Millar
Dr. Francisco García
Pathway Insurance Agency
Elías Travel
previous arrow
next arrow

Categoria: ,

Representantes de teatros europeos y asiáticos se acercan a las artes escénicas de Galicia de la mano del Centro Dramático Galego

Autor: Xunta de Galicia

Representantes dos 20 teatros europeos e asiáticos integrados na Asociación de Teatro Eurasia achéganse hoxe ás artes escénicas de Galicia da man do Centro Dramático Galego (CDG). Membros da entidade desenvolven unha xornada de traballo na Cidade da Cultura, onde foron recibidos polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e o director da unidade de produción teatral da Xunta e única representación española na entidade, Fran Núñez. O encontro enmárcase na asemblea xeral da asociación, que se desenvolve tamén na cidade portuguesa de Braga.

Na súa intervención, Anxo M. Lorenzo agradeceulle á organización a elección de Galicia como espazo para un encontro que representa “unha oportunidade para dar a coñecer o teatro e o patrimonio galegos, así como para a internacionalización das nosas artes escénicas”. O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade referiuse á Asociación de Teatro Eurasia como “unha mostra de que a diplomacia cultural e o teatro poden contribuír á paz, á irmandade e ao intercambio por enriba das fronteiras”.

Ademais do secretario xeral de Cultura, na apertura da xornada participaron o secretario xeral da Asociación, Kubilay Erdelikara, e o presidente, Oleksandr Kniga, así como Fran Núñez e Rui Madeira, director da Companhia de Teatro de Braga e co-organizador do evento.

Durante a sesión, afondouse na organización de foros, visitas e un festival internacional de teatro co obxectivo de avanzar nos retos da Asociación, centrados en impulsar a diversidade cultural a través da creación artística teatral. Ademais, os participantes puideron coñecer da man da asociación profesional Escena Galega unha breve mostra do traballo das compañías teatrais galegas.

Tamén asistiron no Salón Teatro á función da última produción do CDG, Serva me, servabo te, que participou a pasada semana no Festival Internacional de Teatro de Maltepe, en Estambul, sede da Asociación, e onde foi galardoada co premio a mellor actriz para Olga Cameselle. Tras a xornada en Compostela, a Asemblea Xeral continúa mañá en Braga, onde se lle porá peche.

Xunto ao Centro Dramático Galego, compoñen a Asociación de Teatro Eurasia espazos teatrais públicos e privados da India, Acerbaixán, Bulgaria, Italia, Francia, Xeorxia, Casaquistán, Kirguizistán, Kosovo, Lituania, Chipre Norte, Chipre Sur, Polonia, Portugal, Romanía, Serbia, Uzbekistán, Turquía e Ucraína.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Relacionadas
¿Cuantos en Linea?

Visitantes en linea – 327:
Usuarios – 0
Invitados – 229
Robots – 98

Te puede interesar también

¿Quieres hablar con nosotros en cabina?

Nuestros Horarios en el Estudio:

9am a 11am | 12m a 1pm | 4 a 5 pm | 5 a 6pm

horario del pacifico